DSC09067.jpg
mg_3046.jpg

Sobre min


Palmira Castro Marcote

Educadora Social e artesá.

Nacín, crecín e vivo en Sardiñeiro de abaixo, nun dos lugares máis emblemáticos da Costa da Morte, en Fisterra.

Estudei Historia, Teatro e Educación Social, todo remexido! Co tempo e ca distancia caín na conta que tamén podería estudar Carpintería, Cociña, Belas Artes, Fotografía, Arquitectura ou Programación, pero ata o momento non me deu a vida para máis, todo se andará.

Tiven moitos traballos do que estudei e moitos ata bos e moi bos, pero deixeinos todos. Non descarto volver algún día a eles, pero antes teño que facer moitas outras cousas por min mesma.

Mimadriñá é o meu proxecto de autoemprego dende xuño de 2012 e sei que non será o meu único e definitivo proxecto, de feito xa non o é, son a metade Etel&pan.

De maior quero ser moitas cousas.

O meu marco teórico?
a creatividade, a paisaxe e as emocións no proceso artesanal e na acción educativa, como motores para a transformación das persoas e das sociedades.

"O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos”. Castelao.

Este é o meu cv

[Escribín un Manifesto.]


Un día mirei pola ventá e pensei: que bonito sería encher o mar de barquiños de papel de cores.

-Palmira Castro-