A receta para ser a mellor tía do mundo

mimadric3b1a-39.jpg

Son a mellor tía do mundo e non o digo eu, despois de dez anos sendo tía, un día, un dos sobriños díxomo na praia máis bonita do mundo, O Furadiño.

Ser a mellor tía do mundo ten o seu segredo, esta é a receta:

Precisades tempo, invertirlle horas, tamén unha praia ou un monte por onde ir pasear, gritar e saltar moito cando atopades un bichiño ou unha flor desas raras ou unha cova dos tesouros e de vez en cando desfrutar dalgunha tarde facendo algúns xoguetes cas mans, barquiños de papel por exemplo.

A extratexia para esto último é a seguinte:

Primeiro regálalle xa uns cuantos feitos, gustaranlle e despois hai que dicirlles: uis! pois son moi fáciles de facer, ven para aquí que te vou ensinar!

Xa está, xa seredes os mellores tíos e tías, madriñas, padriños,avós, avoas, pais ou nais do mundo mundial!

Ideas, PersoasPalmira Castro