Pago, envío, cambios e devolucións.
Todos os produtos mimadriña son artesanais e únicos, non son reproduccións fotográficas, nin hai dúas pezas iguais,. Na descripción de cada produto hai unha descripción detallada do artigo.
Pago: Aceptamos Visa, Mastercard ou Maestro a través de Paypal. Este é un medio seguro e sinxelo de usar.
Envío: Todas as compras envíanse pola Oficina de Correos ou Correos Express, según queira o cliente. O prazo de entrega dos envíos nacionais é de 1 a 5 días. O número de rastrexo inclúese para poder comprobar o estado do envío en calquera momento. Non somos responsables dos custos adicionais de envío incorridos se os paquetes son devoltos debido á ausencia do cliente.
Espero que estés contenta ou contento coa túa compra pero si por algún motivo non é así, por favor ponte inmediatamente en contacto conmigo. Ten conta que os produtos están feitos a man e poden variar lixeiramente a súa aparencia con respeto as imaxes fotográficas. Esta é a natureza dos produtos feitos a man :)
Acepto a devolución e cambio nun prazo máximo de 14 días tras recibir o paquete. É importante que o produto manteña o seu estado orixinal, en boas condicións, sen usar e no envoltorio con que se recibiu. Cando comprobe que o produto que quere devolver está en perfectas condicións, tramitarei o cambio ou devolución. Os gastos de envío, se os houbera, non son reembolsables, correrán a cargo do cliente.
No caso de que recibas o paquete danado polo transporte, avísame o antes posible. Investigarei o problema e despois procederei ao cambio ou devolución (a túa elección).
Encargos personalizados: non se admiten cambios nin devoluciones nos encargos personalizados xa enviados. Dende o encargo ata o seu envío, eu sempre me poño en contacto co cliente, envío imaxes do proceso, acordamos, cores, medidas, enmarcado, cando está o cliente satisfeito co resultado, procedo a enmarcalo e posteriormente fago o envío. Se o cliente fai un encargo e durante o proceso non está dacordo ou non acodo o resultado final esperado, pódese cancelar o pedido sen coste.
Tes dúbidas? Algunha pregunta? Contacta conmigo.