O Rostro
Tiven moita sorte de nacer onde nacín ter a beira dos ollos o mar, a fiestra e a area branca, onde din que ata parece máis sixelo ser poeta, mariñeira, ou tola.
Teño a sorte de ver cousas que outra xente non ve! eu imaxino un mar cheo de barquiños de cores e constrúo milleiros, eu vexo a través da fiestra xente que fai cousas e sácolles unha foto para rememoralos cando as forzas flaquean, eu pouso o meu corpo na area para coller forzas!
Por certo a foto é na praia do Rostro, en Fisterra!