Un día mirei pola ventá
Un día mirei polo ventá e pensei que sería ben bonito encher o mar de barquiños de cores e eu que son unha nena inquieta, comencei a pasar as horas facendo barquiños de papel ben xeitosas.
Un día o meu sobriño Bráis, paseando pola praia, díxome que non sabía facer nada e eu que sei que me di esas cousas para provocar , díxenlle: pois sei facer barquiñas de papel, se me axudas nun par de días son capaz de encher esta praia de Sardiñeiro de barquiñas de papel.
Co tempo, animeime a convertir esta instante nun proxecto, mimadriña pretende ser unha proposta onde verquer as cousas que de vez en cando, como tombo de mar, enchen as horas dos meus días; a compartir a ilusión que lle poño ás cores ou o mimo en cada dobladillo, a fin de que alguén ao outro lado da rede queira ese mar de cores na súa fiestra, no seu cabeceiro da cama, ou entre as súas sábanas onde sempre comenzan os soños!