Educación social
“ Sempre ensino e aprendo emocionándome”.
Tras anos traballando en diferentes ámbitos da educación social, parei un tempo facendo cousas cas mans dende a beira dunha ventá. Respirei profundo e un ano despois retomei a miña vocación con ganas de xogar e desenvolver proxectos creativos e emocionantes por min mesma, convencida de que a educación social é unha profesión creativa, e o proceso artesanal do pregado de papel ten moitísimo potencial educativo.
Obradoiros mimadriña, pequenas accións formativas que abordan fermosas historias a través dunha figura de origami.
Proxectos educativos, máis amplos en tempos, público e obxectivos.